ANPAS
Ofrecemos ás ANPAs a xestión integral das actividades extraescolares, co obxetivo de mellorar a conciliación familiar e laboral.
Deste xeito, os nenos e nenas potencian o seu desenrolo persoal e de aprendizaxe, afianzan relacións sociais e adquiren e melloran valores coma a tolerancia, a cooperación, o compañeirismo, o respeto ó medio, etc…
Ofertamos actividades dentro dun ambiente lúdico e recreativo, apoiadas na educación en valores e nas competencias.
A nosa aposta é facerlle ás ANPAs máis doada a xestión das actividades en tódolos sensos, ocupándonos non só da planificación e realización das actividades, senon tamén de tódolos aspectos legais (contratacións, cobros,...) facendo controis de calidade e obtendo valoracións de ANPAs, nais e pais e os propios nenos.
Ademáis, e no noso compromiso de xestión integral, ofertamos tamén outras actividades coma madrugadores, comedores, campamentos, excursións, festivais, sendeirismo...